A Federación de Autónomos de Galicia e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra asinaron un protocolo de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda

27 - Abril - 2009

firma_convenio
A Federación de Autónomos de Galicia e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra asinaron un protocolo de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda, mediante o cal as tres entidades comprométense a traballar conxuntamente nos seus respectivos ámbitos para a mellora das condicións de vida e emprego dos Traballadores Autónomos.

A sinatura deste protocolo, que foi subscrito por Dª Carmen García Braga (Presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda) D. Javier Pérez Bello (Vicepresidente de FEAGA), Mª Teresa Vidal (Presidenta Asociación de Autonomos de Pontevedra) e por D. Antonio Reguera Repiso (Presidente da Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra) ten como obxectivo coordinar as posicións comúns das tres organizacións en materia de grandes plans de fomento do autoemprego, de inclusión social, de mellora da competitividade, de formación e de adaptación ás novas tecnoloxías.
Ler o resto desta entrada »


Curso de Manipulador de Alimentos na Guarda

23 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios da Guarda –ACIGU CCA- informa que proximamente impartirase unha nova edición do CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS que se imparte habitualmente nas nosas instalacións da R/ Agustín Nandín Lomba, 4 da Guarda.
Desde o día 23 de Marzo permanecerán as listas abertas para anotarse; para todos aqueles interesados poden facelo na nosa sede da rúa Agustín Nandín Lomba, 4 no teléfono 986 61 17 43 ou a través de correo electrónico en acigu@acigu.org.
Dende ACIGU CCA lembramos que este curso é GRATUÍTO para os nosos asociados.


“a túa empresa necesita un impulso”.

17 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios da Garda – ACIGU CCA- e a Federación de Empresarios do Baixo Miño FEBAM- participaron o luns, día 16 de marzo, nas xornadas organizas por Caixanova, en colaboración co IGAPE baixo o lema “a túa empresa necesita un impulso”.

Ler o resto desta entrada »


Entrega dos distintivos de Calidade do Comercio Galego obtidos polos asociados a ACIGU

11 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA- informa que o martes día 17 de marzo ás 20:30 horas, terá lugar na nosa sede da rúa Agustín Nandín Lomba, 4 a entrega dos distintivos de Calidade do Comercio Galego e as Certificacións de Calidade NORMA UNE 1750001 obtidos polos nosos asociados.

O acto estará presidido por D. José Antonio Reguera Repiso, Presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, D. José María Seijas López, Presidente da Federación Gallega de Comercio, e Dª. Carmen María García Braga, Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda- ACIGU CCA.

Esta campaña foi levada a cabo durante o ano 2008 pola Consellería de Innovación e Industria en colaboración ca Federación Gallega de Comercio para distinguir aqueles establecementos que cumpriron os requisitos esixidos para obter o distintivo de Calidade.

O obxectivo desta campaña é crear un entorno económico competitivo no que o sector comercio destaque pola súa calidade á hora de prestar servicios ós seus clientes.