Curso de técnicas de escaparatismo na Guarda

6 - Abril - 2009

A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM – informa que a finais do próximo mes de Abril, comezará a impartirse o CURSO DE TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO – que este colectivo imparte en colaboración con FEMXA e a Federación Galega de Comercio e que será impartido nas nosas instalacións da rúa Martínez Padín, 11 de Tui.
Este curso está especialmente indicado para o sector comercio e todos aqueles interesados en anotarse, poderán facelo durante este mes de Abril.
Este curso é gratuíto e para recibir máis información ou inscribirse poden chamar ao 986 60 50 84 ou a través do correo electrónico en febam.febam@gmail.com


Curso de Manipulador de Alimentos na Guarda

23 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios da Guarda –ACIGU CCA- informa que proximamente impartirase unha nova edición do CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS que se imparte habitualmente nas nosas instalacións da R/ Agustín Nandín Lomba, 4 da Guarda.
Desde o día 23 de Marzo permanecerán as listas abertas para anotarse; para todos aqueles interesados poden facelo na nosa sede da rúa Agustín Nandín Lomba, 4 no teléfono 986 61 17 43 ou a través de correo electrónico en acigu@acigu.org.
Dende ACIGU CCA lembramos que este curso é GRATUÍTO para os nosos asociados.


O BNG denuncia as condicións hixiénicas do paseo marítimo A Guarda

22 - Marzo - 2009

O BNG solicita que se tomen as medidas oportunas para atallar esta situación de deterioro hixiénico e ambiental.
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do Concello da Guarda denunciando as condicións de falta de hixiene no paseo marítimo.
A formación nacionalista faise eco das queixas de veciños e veciñas sobre a aparición de restos de comida depositados en diferentes lugares do paseo marítimo que son aproveitadas por gatos, ratas, gaivotas, …

Ler o resto desta entrada »


“a túa empresa necesita un impulso”.

17 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios da Garda – ACIGU CCA- e a Federación de Empresarios do Baixo Miño FEBAM- participaron o luns, día 16 de marzo, nas xornadas organizas por Caixanova, en colaboración co IGAPE baixo o lema “a túa empresa necesita un impulso”.

Ler o resto desta entrada »


Campaña de fidelidade no sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal

12 - Marzo - 2009

 A campaña de fidelidade comenza con máis de 40 establecementos adheridos

O pasado día 1 de Marzo iniciouse a Campaña de Fidelización que a Asocación ‘ábaco’ organizou para promover a dinamización do sector comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal e que terá unha duración ata fín de ano.

Nesta Campaña máis de 40 empresas asociadas a ‘ábaco’ porán un desconto ou oferta especial para todos aqueles clientes que presenten, no momento de realizalas súas compras ou consumicións, a Tarxeta de Fidelidade, que se pode conseguer nos propios establecementos participantes nesta campaña ou nas oficinas da Asociación ‘ábaco’. Ler o resto desta entrada »


Entrega dos distintivos de Calidade do Comercio Galego obtidos polos asociados a ACIGU

11 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA- informa que o martes día 17 de marzo ás 20:30 horas, terá lugar na nosa sede da rúa Agustín Nandín Lomba, 4 a entrega dos distintivos de Calidade do Comercio Galego e as Certificacións de Calidade NORMA UNE 1750001 obtidos polos nosos asociados.

O acto estará presidido por D. José Antonio Reguera Repiso, Presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, D. José María Seijas López, Presidente da Federación Gallega de Comercio, e Dª. Carmen María García Braga, Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda- ACIGU CCA.

Esta campaña foi levada a cabo durante o ano 2008 pola Consellería de Innovación e Industria en colaboración ca Federación Gallega de Comercio para distinguir aqueles establecementos que cumpriron os requisitos esixidos para obter o distintivo de Calidade.

O obxectivo desta campaña é crear un entorno económico competitivo no que o sector comercio destaque pola súa calidade á hora de prestar servicios ós seus clientes.


O BNG felicita ao pobo da Guarda pola consecución das Festas do Monte como “festa de interese turístico”

24 - Febreiro - 2009

:: Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior ::

A Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, por medio da Dirección Xeral de Turismo vén de aprobar a declaración das Festas do Monte como “festa de interese turístico”, feito de suma importancia para o pobo da Guarda.

Ler o resto desta entrada »


A Festa do Monte declarada festa de interese turístico

23 - Febreiro - 2009

 A concellería de Turismo da Guarda amosa a súa satisfacción polo paso dado cara á consecución da declaración da Festa do Monte como festa de interese turístico. A solicitude e o proxecto que se presentaron diante da Xunta o 19 de xuño do 2008 é froito do traballo entre á Comisión da Festa do Monte, comisión que leva traballando dende o 2000 pola celebración e realce destas festas, e a concellería de Turismo. A Festa do Monte resume as inquedanzas e o sentir do pobo guardés dende a súa orixe no 1913. Así na segunda semana de agosto a nosa vila énchese de actos culturais, deportivos, de festa e de encontro entre veciños, familiares e amigos converténdose nunha semana chea de ledicia e de disfrute colectivo. Tralo informe positivo da Consellería de Innovación e Industria unicamente falta que a solicitude sexa remitida ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Queremos dende o grupo de goberno das as gracias a todos aqueles homes e mulleres que integraron as distintas comisións. Sen o seu esforzo e o da cidadanía guardesa non sería posible acadar agora a distinción de festa de interés turístico.

 

 


O San Xerome e o club Kaiak Tudense recibirán sendos vehículos da Deputación

26 - Xaneiro - 2009

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o responsable de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; e o directivo de Citröen, Ricardo Muñoz, comunicáronlles a 40 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro a súa inclusión no plan impulsado por esta institución para adquirir un vehículo para o transporte de persoas.
Segundo anunciou hoxe o presidente, a institución provincial entregaralles vehículos a 12 entidades de Vigo, a 7 de Pontevedra, a 7 da comarca do Morrazo, a 7 das comarcas de Caldas e Arousa; a 4 a asociacións do sur provincial; a 2 de Deza e Tabeirós Terra de Montes; e a unha entidade de ámbito provincial. Ler o resto desta entrada »


O BNG solicita o arranxo urxente dos xardíns do Centro Cultural

23 - Xaneiro - 2009

O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do concello da Guarda onde solicita que se tomen as medidas oportunas e urxentes para adecentar os xardíns do Centro Cultural. Ler o resto desta entrada »