O BNG celebra a XI Festa Nacionalista do Baixo Miño coa presenza de Guillerme Vázquez

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, demandou este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “deixe de laiarse” e que “convoque á sociedade galega en defensa dun financiamento xusto para Galiza”.

“No canto de propor non se sabe que frentes de comunidades autónomas, o señor Núñez Feijóo debería chamar á sociedade galega a que se mobilice en defensa dos seus dereitos como país, a comezar polo seu dereito a ter un financiamento xusto”, afirmou Guillerme Vázquez durante a súa intervención no curso da XI Festa Nacionalista do Baixo Miño, un acto que se celebra nas vésperas do Día da Patria Galega 09 e no que o portavoz nacional do BNG estivo acompañado, no uso da palabra, polo Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez e pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Intervención de Guillerme Vázquez

Intervención de Guillerme Vázquez

No curso do acto, que se desenvolveu na Alameda de Goián, Vázquez reprochou a Núñez Feijóo a súa inacción durante o mes que transcorreu entre o 8 de Xuño, data en que se alcanza un acordo xenérico entre as forzas políticas con representación no Parlamento de Galiza, e o 8 de Xullo, data na que comeza a verse cos líderes desas mesmas forzas. “Que estivo a facer durante ese mes? Practicamente nada. Que propostas concretas fixo? Nengunha”, dixo o líder do BNG. “Mentres outros facían propostas para avanzar, todo o máis que fixo o presidente da Xunta foi dicir virgencita, virgencita, que me quede como estoy”, ironizou. “E como calquera sabe cando un sae a un campo de fútbol a empatar, o máis normal do mundo é que acabe perdendo o partido”, alegou.

A estas alturas continuamos sen saber, engadiu, que cantidade dos recursos adicionais que vai pór o Goberno central sobre a mesa está demandando o presidente da Xunta. “Está de acordo cos 1.300 millóns de euros dos que fala a conselleira de Facenda como necesidades de gasto que ten a Administración autonómica para prestar correctamente as súas competencias? Se iso é así, por que nunca enarborou esta cantidade? Por que nunca enarborou nengunha?”, perguntouse o líder nacionalista.

O BNG, lembrou, demanda un 7,8 por cento dos recursos totais do novo sistema de financiamento e, acompañado con iso, o estabelecimento de garantías de suficiencia dinámica que aseguren que esa cantidade non vaia descendendo conforme pasen os anos.

“Non demandamos nengunha cantidade astronómica. O 7,8 por cento era o que tiña Galiza hai unha década. Menos diso é inasumíbel. E precisamos garantías de blindaxe para evitar o que aconteceu nestes dez anos: que o 7,8 por cento de 1999 se convertese no último exercicio no 7,1”, acrecentou.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: