O Grupo Socialista presenta unha mocion sobre a gratuidade dos libros de texto para tratar no pleno do mes de xullo
Con isto o Grupo Socialista do Concello de Tui pretende implicar a todos os grupos políticos en consolidar o dereito dos cidadáns a un Ensino Gratuíto para todos sen ningún tipo de condición
O partido socialista esta preocupado po la actuación do PP en quitarlle este dereito a os cidadáns en tempo de vacacións e que cando os prexudicados poidan racionar sexa demasiado tarde e o curso comece de mala maneira.
Os socialistas sempre temos defendido a implantación na sociedade de dereitos cidadáns universais. A Educación e a Sanidade son un claro exemplo e así o entende a grande maioría da sociedade galega.
Por todo isto o grupo municipal Socialista intenta acadar o Acordo Plenario:
O Pleno do Concello de Tui en base a que a educación constitúe un dereito básico e universal de toda a cidadanía insta á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anterior goberno, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuíto para todos e todas