·:·: Tres bolseiras de turismo subvencionadas polo Padroado de Turismo Rías Baixas atenderán aos visitantes até final de ano :·:·
Os turistas que este verán se acheguen á cidade serán atendidos no céntrico Paseo da Corredoira nunha nova oficina de turismo que o Concello de Tui instalou esta mesma mañá. Trátase dunha instalación feita en madeira moito máis ampla e confortable que a que caseta da Praza da Inmaculada que nos últimos anos realizaba a función de Oficina de Turismo.
Tres persoas, bolseiras en Turismo subvencionadas polo Padroado de Turismo Rías Baixas, encargaranse de atender durante seis meses, até finais de ano, aos visitantes que se acheguen ata a cida de.
A oficina permanecerá aberta de luns a venres en horario continuo de 10 a 20h, mentres na fin de semana pechará unha hora ao mediodía atendendo ao público de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.
Na Oficina Municipal de Información Turística de Tui os visitantes da cidade poderán obter toda a información que precisen sobre os lugares de interese na cidade coma a Catedral, o Conxunto Histórico, o río Miño ou o Monte Aloia. Neste punto poderán obter tamén información sobre establecementos hoteleiros, actividades culturais…