Finaliza o taller de “Estimulación de Memoria” da Cruz Vermella do Baixo Miño

·:·:·: 45 mulleres do grupo de estimulación de memoria da Cruz Vermella no Baixo Miño finalizan o taller cunha entrega de diplomas o próximo 30 de Xuño ás 16:30 no centro Cultural da Guarda :·:·:·

Desde o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella do Baixo Miño desenvolven un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos. Desde entón, son máis de 60 as persoas que participaron nestes talleres cun alto nivel de satisfacción, tanto por parte d@s usuari@s como por parte do equipo de voluntarios que desenvolven a actividade no clube de xubilados e pensionistas da Guarda.


Entre os obxectivos do taller de estimulación de memoria, salientan potenciar a conservación da capacidade e axilidade mental dos destinatarios, potenciando o mantemento das súas capacidades psíquicas, ademais de promover as relacións interpersoais e intergeneracionales, mellorando, desta forma o seu amor propio.
Con esta entrega de diplomas queremos recoñecer o esforzo realizado polas 45 alumnas que participan na actualidade neste taller, que asistiron todos os Martes e Xoves en horario de 16.00 a 17.30 entre os meses de Outubro e Xuño.
Durante este acto acompañarannos o presidente comarcal da Asemblea da Cruz Vermella do Baixo Miño, D. Paulino Baz Martínez, un representante do concello da Guarda e o presidente do fogar do pensionista da Guarda, local no que se sitúa a actividade do taller de estimulación de memoria e as participantes que poderán vir acompañadas por un familiar ou amigo. Trala entrega de diplomas convidarase aos asistentes a un aperitivo que será o broche final do taller de estimulación de memoria ata o próximo mes de Outubro. Paralelamente a este aperitivo @s asistentes poderán coñecer de primeira man a exposición sobre a auga que situaremos na sala continua ao acto.
Este proxecto está enmarcado dentro das actividades desenvolvidas pola Asemblea Comarcal da Cruz Vermella do Baixo Miño con persoas maiores, tales como o taller de alfabetización, excursións culturais e de convivencia, o programa de respiro familiar, ponte na onda, etc… ata a data participaron, nos diversos programas de persoas maiores, unhas 80 persoas, actuacións que non se poderían ter feito sen a colaboración d@s voluntari@s da Cruz Vermella.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: