A Guarda Outlet presentouse no Centro Cultural

cartel_outlet_agardaO pasado Mércores día 3 de Xuño as 20:30 horas presentouse no Centro Cultural de A Guarda a nova Campaña de dinamización do comercio organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’, “A Guarda Outlet – 1ª Feira de Stocks do Comercio Guardés”.

Nesta presentación tomaron palabra a Vicepresidenta de ‘ábaco’ (Delia Brandón), o Presidente de ‘ábaco’ (Ángel Luis Baz Vicente), O Sr. Alcalde do Concello de A Guarda (José Manuel Dominguez Freitas), a Concelleira de Turismo e Comercio do Concello de A guarda (Monstserrat Magallanes), o representante de Caixanova (Juan Jesús González) e o Gerente de SegurSystem Europa (Horacio Reyes).

outlet_aguarda

Neste acto tamén asistiron representantes dos diferentes partidos políticos presentes na Guarda, representantes tamén de Asociacións, colectivos e empresas participantes nesta campaña que se realizará os días 20 e 21 de Xuño no pobo de A Guarda e na que participará unha representación moi variada de comercios (Moda, Complementos, Decoración, Xoguetería, Artigos do fogar, Floristería, Xoguetería, Lencería, Óptica, Productos típicos, Perruquería, Bazares, Telefonía, entre outros).

O sábado día 20 de Xuño a A Guarda Outlet abrirá as súas portas as 11 da mañá con 28 stands de empresas participantes e para éste día a Feira ubicaráse na rúa Vicente Sobrino ata as 10 da noite con actividades complementarias durante o transcurso do día.

O Domingo 21 de Xuño A Guarda Outlet abrirá as súas portas novamente as 11 da mañá co mesmo número de stands e a feira ubicarase nesta xornada na Rúa peonil do Porto da Guarda, as 10 da noite daráse por finalizada esta 1ª edición da Feira de Stocks do Comercio Guardés. Este día ademáis a Guarda ofertará ós seus visitantes máis actividades, tales como a “Festa de San Antonio” no Paseo Marítimo do Porto de A Guarda e “Deporte nas rúas” organizado polo Concello de A Guarda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: