Tomiño pon en marcha unha web con máis de 130 páxinas e 200 recursos dixitais

:::Máis de 130 páxinas principais e uns 200 recursos dixitais conforman inicialmente a páxina web que o Concello de Tomiño pon en marcha nestes días:::

web_tominhoO espazo foi presentado hoxe no Concello coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira (CdT), e o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Santiago Vergara.

Baixo o enderezo concellotomino.com (tamén concellodetomiño.com ou concellodetomiño.es) poderase atopar ampla información turística, hostaleira, comercial, administrativa, de parroquias, concellerías, novas de interese, guía de actividades e recursos, axenda cultural e social, teléfonos de contacto, etc.

A alcaldesa resaltou na presentación o caracter dinámico da páxina, concibida como unha ferramenta de comunicación cos veciños e veciñas, que poderán realizar certas xestións administrativas a través de internet. Nesta “e-oficina”, poderanse solicitar, por exemplo, desbroces e asfaltados de camiños; limpeza de cunetas, novos puntos de luz e reparación dos xa existentes, etc.

A rexedora tomiñesa coincidiu cos seus compañeiros de goberno no feito de que a páxina foi pensada coma “un lugar de promoción turística importante, onde se poden atopar todos os datos necesarios para coñecer a fondo a vila e os seu arredores”.

O espacio terá tamén unha sección denominada “A alcaldesa responde”, na que a rexedora contestará as preguntas e dúbidas dos cidadáns.

A páxina web do Concello ponse en marcha con máis de 200 recursos dixitais entre fotografías, galerías, mapas, rueiros e outros instrumentos. Neste último apartado, atópanse os rueiros de Tomiño e Goián e o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Urbana) de ambos núcleos.

A páxina conterá tamén toda a normativa do PXOM para seren consultada polos usuarios e usuarias.

No apartado do Concello inclúese información de cada unha das concellerías e enderezos electrónicos aos que os usuarios poden dirixir as súas inquedanzas.

No apartado de turismo –un dos máis potentes da páxina- pode atoparse ademais da información sobre monumentos e historia da vila, un listado completo de festas dividido por parroquias, rutas naturais, gastronomía, hostalería (hoteis e casas de turismo rural), galerías de imaxe de gran calidade, etc.

Por último, o espacio contará con varios enlaces con páxinas específicas, como a do monte Tetón e petroglifos, Mostra de cultivos do Baixo Miño, información doutras administracións, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: