Guarte, Desfile do Traxe Galego e II Ruta do Pincho na Guarda

Co nome de “Guarte”, celebrouse o pasado Domingo día 10 de Maio a Iª Mostra de Artesanía organizada pola Asociación ‘ábaco’ Cultural e Turística do Baixo Miño no Porto de A Guarda, coincidindo co “Desfile do Traxe Rexional”, organizado pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego de A Guarda e a “II Ruta do Pincho”, organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’.

ruta_do_pinchoEse Domingo a Guarda tibo unha ampla oferta para todos os visitantes, por unha banda ás 12:00horas do mediodía inaugurouse “Guarte”, unha mostra de artesanía que estibo localizada no paseo peoníl do Porto de A Guarda e na que máis de 14 artesáns vencellados á xoiería, coiro, prata, orfebrería e reciclaxe expuxeron os seus productos nos diferentes stands que se colocaron para esta ocasión.
Por outra banda ás 18:00horas comenzou o “Desfile do Traxe Galego” que saiu dende o Transversal Troncoso (Alameda de A Guarda) e fixo un percorrido polas rúas principais e finalizaron no Porto de A Guarda.
Do mesmo xeito e en horario de 11:00horas a 13:30horas e de 19:00horas a 22:00horas podense degustar os sabrosos pinchos que ofertan gratuítamente, xunto cunha consumición, os establecementos asociados á ‘ábaco’ que participan na segunda edición da “II Ruta do Pincho” dende o 8 de Maio e ata o 7 de Xuño.
Nestas actividades organizan, a Asociación para a Recuperación do Traxe Rexional de A Guarda, a Asociación Cultural e Turística do Baixo Miño ‘ábaco’ e a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ e á súa vez colaboran, o Concello de A Guarda, a Deputación de Pontevedra, a Consellería Cultura e Turismo, a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, o Foro Galego do Comercio, Caixanova, Hostal Bruselas e Cervexa Amstel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: