Microrelatos para celebrar o Día das Letras Galegas e de Internet na Guarda

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración coa Biblioteca Municipal da Guarda, ten programado o II Certame de Micro-Relatos A Guarda.
Con esta iniciativa preténdese visualizar e pór en valor a sinerxia que se produce na conxunción das TIC co idioma galego, así como a utilización das Novas Tecnoloxías aplicadas á lectura.
Despois do éxito do ano pasado, no que en tan só 21 días se recibiron 19 microrelatos desde distintas partes do noso país e de outros, agora prográmase unha nova edición. A Guarda, Ponteareas, Barcelona, Perú, son algúns dos lugares desde onde fixeron chegar os seus escritos.
Ao igual que a primeira edición, nesta segunda preténdese por a proba a imaxinación dos e das participantes, que deben contar a súa historia en galego e en tan só 8 liñas. O prazo de entrega abrangue ata o 27 de maio ás 10 da mañá.
As bases do II Certame de Micro-Relatos A Guarda, e as obras do ano anterior, pódense atopar no seguinte enderezo: http://www.conpoucaspalabras.blogspot.com
Para solicitar máis información sobre as actividades da RDSI en A Guarda poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade
da Información: http://www.redededinamizacion.eu.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: