A atleta tomiñesa Mª Vilariño gana unha das probas do Duatlón Escolar disputado en Tomiño

duatlón:::María Vilariño Treinta, atleta tomiñesa que pertence ao Club Atletismo Porriño, quedou primeira na categoría cadete feminino, na final do Duatlón Escolar disputado o pasado sábado, día 2 de maio, en Tomiño.:::

Preto de dous centenares de atletas de toda Galicia déronse cita neste final galega por equipos e por colexios do duatlón escolar organizado pola Federación Galega de Triatlón coa colaboración da Concellería de Lecer e Deportes, que preside o centrista Fernando Álvarez, e a Dirección Xeral para o Deporte.

Os deportistas tiveron que percorrer varios quilómetros, segundo a categoría, entre a Praza do Seixo e o campo de fútbol da Carballa, e os barrios de A Rocha e San Bieito. No caso dos alevíns, foron 1000 metros a pé, 4 quilómetros en bicicleta e outros 500 metros a pé. Os infantís comezaron con 1500 metros a pe, e seguiron con 6 quilómetros en bici e 750 metros a pé. Os cadetes fixeron 2000 metros e pé, 8 quilómetros en bici e remataron con 1000 metros a pé.

O concelleiro de Lecer e Deportes do Concello de Tomiño indicou que a proba se desenvolveu con normalidade e que a xente respetou o circuíto, para o que se contou coa colaboración de Protección Civil.

Resultados
Os tres primeiros clasificados, por categorías foron:
Alevín masculino: Martín Liste, Raúl García e Adrián Ben.
Alevín feminino: Alicia Paz, Uxía Bugarín e Cinthya López.
Infantil masculino: Miguel Quintela, Anxo Lema e Antonio Serrat.
Infantil feminino: Laura Mª Blanco, Silvia López e Eva Álvarez.
Cadetes masculino: Roberto Barral, Pablo Rodríguez e Marcos Del Río.
Cadetes femininos: María Vilariño, Virginia Pérez e Raquel Vaamonde.
Por clubes, resultaron primeiros:
Alevín masculino: Bricosa, CC Maceda Academia Postal, Triatlón Ferrol e en cuarto lugar, o CEP Caselles B-Tomiño.
Alevín feminino: primeiro posto para o clube Cidade de Lugo Fluvial.
Infantil masculino: A.D. San Roque, Bricosa, Cidade de Lugo Fluvial A e Olímpico de Vedra, nos catro primeiros postos.
Infantil feminino: Soc. Atlet. San Miguel, Olímpico de Vedra e A.D. San Roque.
Cadete masculino: Fogar Triatlón Oleiros, CC Maceda Academia Postal e Soc. Atlet. San Miguel.
Cadete feminino: Olímpico de Vedra e Cidade de Lugo Fluvial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: