O Concello de Tomiño denuncia un vertido de puríns no río Furnia

:::O Concello denunciará a acción ante a Consellería de Medio Ambiente:::

En días pasados, os servizos de Protección Civil do Concello de Tomiño foron alertados a través do 112, dun posible vertido no río Furnia, que provocaba coloración nas augas e forte fedor nas mesmas. Dende a Concellería de Medio Ambiente, organizouse de inmediato o dispositivo para tratar de localizar o vertido cunha patrulla da Policía Local e persoal voluntario de Protección Civil. Os axentes puideron comprobar a existencia do referido vertido. Este foi realizado dende unha finca do termo municipal de Tui, e todo apunta a que se debía á descarga dunha ou varias cisternas de puríns (excrementos de animais).
Santiago Vergara, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, declarou que o informe da Policía Local “servirá de base para a denuncia que o Concello presentará diante da Consellería de Medio Ambiente, posto que se trata dun delito ecolóxico”. Destacou o edil o esforzo que está a facer o Concello no tema de vertidos ilegais que en Tomiño foron controlados dende a apertura dun punto controlado de baleirado de cisternas e, especialmente, pola colaboración veciñal que está a posibilitar a clausura de numerosos puntos de vertido ilegais en pequenos regos e regatos. No caso do río Furnia, informa Vergara, que ata o de agora non se detectou ningún vertido no territorio de Tomiño, entre outras razón porque nas parroquias polas que decorre o río non hai practicamente vivendas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: