A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño ofrece asesoramento xurídico gratuito a mulleres

omix_campo_da_feira

:::O servizo atendeu xa unha vintena de consultas sobre malos tratos, trámites de divorcio, custodia e planificación familiar:::

Unha vintena de mulleres beneficiáronse do servizo de información e asesoramento xurídico que ofrece a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño, de xeito totalmente gratuíto. Entre as mulleres atendidas atópanse varias vítimas de violencia de xénero; persoas en proceso de separación ou divorcio, e outras que demandan información sobre garda e custodia dos fillos e fillas, réxime de alimentos, orientación en temas de planificación familiar, maternidade e anticoncepción.

Dende o pasado mes de outubro, unha asesora xurídica dos equipos de igualdade do Consorcio Galego de igualdade e Benestar, da Oficina I+B de Gondomar, trasládase todos os mércores de 10 a 12 horas, aos locais da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, para atender as consultas.
O servizo inclúe ademais de asesoramento, o acompañamento a xulgados e derivacións oportunas a outros profesionais (apoio psicolóxico, social, etc.). Para pedir cita pódese chamar ao teléfono 986 389 557.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, explicou que este servizo é un dos compromisos cos que xurdiu a oficina. “Dende o Concello agardamos que se manteña no tempo de xeito continuado, xa que é un recurso máis para alcanzar a igualdade”, puntualizou a rexedora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: