A VI Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrouse en Goián (Tomiño)

::: A VI MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO REÚNIU A PASADA FIN DE SEMANA UNHA TRINTENA DE VIVEIROS, PRODUTORES DE HORTA E EMPRESAS AUXILIARES DO CAMPO :::

mostraO 25 deste mes, no pavillón Municipal de Goián (Tomiño), foi inaugurada a VI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada polo Concello de Tomiño conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño e co patrocinio de Fibanc Mediolanum. O acto contóu coa presenza dos alcaldes da comarca, membros da corporación municipal e autras autoridades da zona.

Juan Peixoto Moure, presidente da mostra, asegurou que esta influíu no avance do sector agrícola e viveirista da comarca. “Este sector é unha importante fonte de emprego que evita o éxodo masivo da xuventude cara a outras zonas”, salientou. Peixoto explicou que no Baixo Miño atópase a maior concentración de viveiros da provincia de Pontevedra e probablemente de Galicia (con especial atención á produción de camelia en maceta); un sector que na comarca, segundo os datos facilitados polo presidente da mostra, factura trinta millóns de euros e produce máis de 600 mil plantas ao ano. Comentou que na actualidade, dedícanse 250 hectáreas á produción de planta ornamental; 50 a flor e outro tanto á horta. Por último, Peixoto agradeceu a “axuda incondicional do Concello de Tomiño na organización da mostra”.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, foi a encargada de inaugurar a feira. Comezou o seu discurso transmitindo un saúdo especial de parte do novo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, que non puido estar presente na inauguración pero que, con probabilidade, visitará pronto o concello para tomar contacto cos produtores. A alcaldesa resaltou o valor da terra e o esforzo dun sector baseado no traballo produtivo que, na súa opinión e á vista dos datos, resiste mellor a crise que outras áreas. “Precisamente neste momento é tempo de permanecer xuntos, de traballar unidos e de poñer esforzos en común para soportar mellor as turbulencias económicas”, dixo.

Actividades complementarias
A mostra reúniu nesta sexta edición, a 34 expositores do sector do viveirismo (planta ornamental e flor cortada), produtores de horta e empresas auxiliares do campo.
A feira caracterízase tamén pola calidade e variedade de actividades complementarias, que este ano consistirón principalmente na celebración dunhas interesantes xornadas técnicas dirixidas a profesionais e abertas ao público.
Houbo dous obradoiros de debuxo a cargo de Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas, que se achegou a Goián o domingo 26 pola tarde.
Ás 17:00 horas presentouse o libro “Os Bolechas queren saber como é un viveiro de Tomiño”, da colección didáctica “Os Bolechas queren saber …”, e realizado especialmente para a mostra, e despois comezarón os talleres.

Outra novidade desta sexta edición foi a realización do documental “A forza da terra”, que é a continuación da exposición fotográfica do mesmo nome que se fixo o ano pasado, co fin de reflectir o traballo das mulleres tomiñesas nos viveiros e na agricultura. Este ano, a cámara de André Martíns (director de Filminho) relata este duro e bonito traballo, nunha iniciativa da Oficina de Igualdade do Concello. André Martíns explicou o proceso de elaboración do filme, no que aparecen entre trinta e corenta mulleres que traballan nos viveiros, relatando a súa experiencia e as súas expectativas.

Xornadas técnicas e talleres
As xornadas técnicas celebraronse o sábado no Auditorio de Goián. Comezarón ás 16:30 horas coa recepción dos participantes e inauguración. Ás 17:00 hs. José Antonio Núñez Sal, director de Orto Parques e Xardíns, S.L. deu a conferencia titulada “Xardíns: de Jacques Gréber a Barack Obama”.
Ás 17:45 hs. falou de “Pragas e enfermidades de corentena nas plantas ornamentais galegas”, Pedro Mansilla Vázquez, doctor enxeñeiro de Montes e director da Estación de Fitopatoloxía do Areeiro (Pontevedra).
Ás 19:00 hs. Jaime B. Blanco-Dios, enxeñeiro agrónomo e coautor da Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galiza, impartiu unha conferencia sobre “Plantas espontáneas con posible potencialidade ornamental”.
O domingo 26 realizouse un taller sobre plantas aromáticas e medicinais a cargo de Joaquín Morgado, enxeñeiro agrícola e xerente de Ervital, empresa portuguesa dedicada á produción, transformación e comercialización de plantas aromáticas e medicinais ecolóxicas.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: