A Federación de Autónomos de Galicia e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra asinaron un protocolo de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda

firma_convenio
A Federación de Autónomos de Galicia e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra asinaron un protocolo de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda, mediante o cal as tres entidades comprométense a traballar conxuntamente nos seus respectivos ámbitos para a mellora das condicións de vida e emprego dos Traballadores Autónomos.

A sinatura deste protocolo, que foi subscrito por Dª Carmen García Braga (Presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda) D. Javier Pérez Bello (Vicepresidente de FEAGA), Mª Teresa Vidal (Presidenta Asociación de Autonomos de Pontevedra) e por D. Antonio Reguera Repiso (Presidente da Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra) ten como obxectivo coordinar as posicións comúns das tres organizacións en materia de grandes plans de fomento do autoemprego, de inclusión social, de mellora da competitividade, de formación e de adaptación ás novas tecnoloxías.

Así mesmo, e trala sinatura deste acordo, tanto ACIGU, FEAGA E APACP planificarán unha serie de actuacións conxuntas ou en colaboración en materia de acceso a servizos comúns, para o que se reunirán periodicamente para examinar todos estes aspectos.

Durante a sinatura deste convenio o Vicepresidente de Feaga salientou que no Concello da Guarda hai actualmente 754 traballadores autónomos o mesmo número que o ano anterior, o que salienta o esforzo que están levando a cabo para superar a crise.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: