A Concellaría de Medio Ambiente de Tomiño renova a dotación de colectores de cartón e vidro

:::Ampliarase o número de unidades e substituiranse as que estean deterioradas tanto nos núcleos urbanos do Seixo e Goián, coma nas parroquias:::

contenedores_tomino
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que preside o socialista Santiago Vergara, está a renovar e ampliar a dotación de colectores de papel-cartón, nos núcleos urbanos do Seixo e Goián, con especial atención ás zonas que dispoñan de poucas unidades ou onde estas se atopen moi deterioradas.
Nestas semanas, vai procederse deste xeito, á instalación de 32 novas unidades de carga lateral, o que vai permitir optimizar a recollida.

Ademais, a concellería estenderá o servizo de recollida selectiva de papel-cartón ás parroquias que na actualidade non dispoñen do mesmo.
Por outra banda, as xestións realizadas pola concellería coa empresa Ecovidrio, permitirán proceder tamén á limpeza dos colectores de botellas, e á renovación de parte das unidades destinadas a este tipo de residuos.
Santiago Vergara indicou que a intención da Concellería de Medio Ambiente á a de ir mellorando e ampliando o servizo de recollida selectiva tanto nos cascos urbanos coma nas parroquias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: