A área está a elaborar estudos técnicos para mellorar as condicións de seguridade nas proximidades dos colexios
A Concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte, que dirixe a socialista Julia Cascón, ven de construír pasos sobreelevados nas parroquias do municipio; concretamente, diante do colexio público de Tebra, e fronte ao torreiro de festas de Amorín. As actuacións enmárcanse na liña de traballo de prevención que ven desenvolvendo a concellería, centrada sobre todo nos entornos dos centros escolares, onde se ten constatado que os vehículos circulan a velocidades superiores ás permitidas.
Julia Cascón indica neste sentido que a prioridade é dotar de maior seguridade as zonas de entrada e saída dos centros de ensino, polo que se está a elaborar un estudio técnico de seguridade na zona do Instituto de Ensino Secundario e nas proximidades do CEIP de Barrantes.
Con respecto ao entorno do colexio Pedro Cáselles, o Concello solicitou en repetidas ocasións ante a Deputación a necesidade de mellorar as condición de seguridade vial, conseguindo o compromiso dos responsables desta estrada, para levar a cabo as actuacións necesarias nos vindeiros meses.
Por outra banda, a concellería que dirixe Cascón, retomará en canto o tempo o permita, os traballos de sinalización horizontal e vertical nas parroquias, especialmente onde existen saídas perigosas e outros problemas de circulación.