A POLICÍA DE TOMIÑO CAMBIA AS SÚAS INSTALACIÓNS POR OUTRAS MÁIS MODERNAS E CON MELLORES CONDICIÓNS DE SEGURIDADE
O novo local, dotado con cámaras de vixilancia, sensores de movemento e outras medidas de seguridade, está situada na parte traseira do antigo centro de saúde
As Policía Local de Tomiño ven de cambiar as súas oficinas, ate o de agora situadas na planta baixa do Concello, por outras máis modernas, amplas e dotadas con todas as medidas de seguridade, que se atopan na parte traseira do edificio do antigo centro de saúde, no barrio de A Rocha.
Os novos locais posúen cámaras de vixilancia, unha sala para declaracións que asegura a confidencialidade para os usuarios, vestiarios masculino e feminino e un recinto pechado, en fase de preparación, dotado con sensores de movemento e aparcamento para coches oficiais e depósito municipal.
Estas mellora súmase ao investimento realizado hai un tempo no tema de protección de datos e novas emisoras.
No mesmo edificio, preparouse outra sala operativa e almacén para Protección Civil que, en breve, trasladará a súa actividade ao novo local do barrio de A Rocha.
Os horarios de atención ao público da Policía Local seguen sendo os mesmos (de luns a venres de 08:00 a 22:00 hs., e sábados, de 08:00 a 15:00), así coma os teléfonos (986 62 20 06 e 616 974 455).
En breve, ampliarase a plantilla con dous novos postos, pasando das cinco prazas actuais a sete, e en xuño engadiranse para todo o verán dous auxiliares de policía para cubrir as vacacións do persoal.