A Asociación de Empresarios da Guarda – ACIGU CCA – informa que o próximo Xoves día 16 de Abril terá lugar unha xornada informativa dedicada ao sector empresarial e especialmente aos traballadores autónomos.
Esta “ Xornada de Sensibilización Autónomos 2009 “ está organizada pola Federación de Autónomos de Galicia – FEAGA – e pola Federación de Autónomos de Pontevedra en colaboración con ACIGU CCA, a Federación Galega de Comercio e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra.
Este evento ten como obxectivo informar ao sector empresarial e especialmente aos traballadores autónomos sobre temas relativos ao funcionamento das súas empresas e das claves que poden axudar a conseguir mellores resultados.
Esta presentación comezará ás 20:30 horas e terá lugar na sede de ACIGU CCA da rúa Agustín Nandín Lomba Nº 4.
Estes serán os contidos das intervencións que terán lugar nas Xornadas Informativas:
Innovación en Tempos de Crise: Representante de Área 3
Perspectivas de aplicación de seguro de desemprego aos autónomos: Javier Pérez ( Vicepresidente de FEAGA)
Complementos para Prestacións públicas para os autónomos: Representante de ING
Ao finalizar o acto servirase un viño galego para todos os asistentes.