Comeza o novo ‘Obradoiro de Autoestima’ en Tomiño

A actividade é gratuíta e cun límite de quince prazas

queromeMañá, día 15 de abril, comeza na parroquia de Sobrada o segundo obradoiro de autoestima e habilidades sociais organizado pola Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño no ano 2009.
O obradoiro, gratuito e dirixido a todas as mulleres da localidade, terá lugar os días 15, 20 ,22, 27 e 29 de abril, e 4 de maio no CEIP de Sobrada.

O obxectivo principal desta actividade é concienciar ás mulleres do valor do seu rol na sociedade e posibilitarlles o acceso a diversas actividades promovendo o seu desenvolvemento persoal.

Como obxectivos específicos trázanse os de potenciar o coñecemento dos procesos que favorecen a autoestima; coñecer o xeito de chegar a ter un autoconcepto positivo; crear situacións e facilitar ferramentas para o autocoñecemento, a aceptación e a autoafirmación; fomentar a participación social e publica das mulleres e a autonomía das participantes.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, salientou o interese da oficina por promover as condicións dunha igualdade efectiva entre os homes e as mulleres, así como apoiar a estas últimas na superación das discriminacións que aínda existen, e favorecer a participación delas na vida pública. Asemade, a rexedora comentou que este é un xeito de achegar ás parroquias actividades para que as mulleres que non poden desprazarse ao centro, teñan a oportunidade de participar.

En función dos obxectivos, a metodoloxía será fundamentalmente práctica e participativa. Cada muller será protagonista do seu proceso no obradoiro, polo que é importante a implicación e participación activa. A partir dos coñecementos, vivencia e actitudes previas, procurarase unha aprendizaxe útil, significativa e constructiva.

O programa previsto será o seguinte:
O. PRESENTACIÓN
¿Quen somos e que facemos aquí?
1. NACER FEMIA E SER MULLER
¿Por que hai un diferente reparto do poder entre as mulleres e os homes?
2. OS INSTRUMENTOS DO XÉNERO
Os roles e estereotipos: unha cárcere difícil de rachar
3. APRENDENDO A SER MULLERES
A feminidade como resultado da educación diferencial
4. O DOMÉSTICO INVISIBLE
¿Por que o noso traballo non se conta como traballo?
5. amores que matan
Cando o príncipe se convirte en ra
6. PODER E EMPODERAMENTO
Autoestima, empoderamento, asertividade e outros excelentes hábitos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: