O domingo celebrouse a Festa do Meixón en Tui

meixonEste domingo,12 de abril, celebrouse en Tui a Festa do Meixón organizada por un grupo de veciños de Randufe. A festa volve así a súa data inicial de celebración coma é o Domingo de Pascua.
No Restaurante Cruceiro do Monte tivo lugar a presentación oficial do Festexo, onde amais dos membros da Comisión estiveron presentes o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro Antonio Castro. A ocasión aproveitouse amais para degustar o meixón que foi servido o domingo, que presentaba unha alta calidade. Foi subministrado por Comercial Ibait de Guipúscoa.

Puxéronse á venda 1.500 racións de meixón, integradas por meixón en cazola de barro, pan e viño que podia ser Señorío de Rubiós, un monovarietal Albariño, ou Terra de Xuliana, Sousón, un retinto.

A festa celebrouse na rúa Compostela onde o Concello instalou unha carpa, as cociñas e as mesas, aportando así o seu gran de area a este evento organizado polos veciños de Randufe. Os cociñeiros dos distintos restaurantes de Tui foron os encargados de preparar o meixón que se serviu con pan e viño a un prezo de 40 euros a tapa. As invitacións puideronse adquirir no Restaurante Cruceiro do Monte, no Bar Bobby, na Jamoneta, e no Bar o Pilar. Establéuse amais a posibilidade de mercar, a parte do viño que xa ven incluído na ración, unha botella de viño ao prezo de 7€.

Na organización deste evento a Comisión de Festas, amais da colaboración do Concello contou tamén coa colaboración da Deputación, o Haley, Frutas Hermanos Álvarez, Panadería A Lagoa e Orange.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: