Clausura das Xornadas sobre a Guerra da Independencia en Tui

cartel-guerra-independenciaUnha mesa redonda de debate a celebrar o martes 14 de abril a partires das 19,00 horas no Telecentro de Tui (no edificio Área Panorámica – primeiro andar) clausura as Xornadas organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para conmemorar o bicentenario da Guerra da Independencia na nosa cidade co obxectivo de ofrecer aos veciños e interesados un achegamento a este momento histórico da nosa cidade.

Esta mesa redonda estará dedicada a analizar os episodios da Guerra de Independencia no territorio tudense e contará coa participación de:
Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui e acreditado investigador da súa historia.
Alberto Magno Pereira de Castro, historiador de Valença do Minho e especialista nesta conflito bélico ao que ten dedicado algunha publicación.
José María Peláez Valle, profesor da Universidade de Vigo e autor de diversos traballos de investigación sobre esta guerra, entre elos o dedicado á insurxencia galega na Guerra da Independencia.
Rafael Sánchez Bargiela, historiador, que actuará como moderador da mesa.

Esta xornada da continuidade á que se vai celebrar esta tarde na que Jose Navas Ramírez-Cruzado, director do Museo Militar de A Coruña pronunciará unha conferencia titulada “La Guerra de la independencia en Galicia, operaciones militares”.

Para Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura tudense, estas xornadas tratan de promover entre os tudenses o coñecemento do noso pasado histórico, nomeadamente os acontecementos vinculados á Guerra da Independencia, na que a nosa cidade como capital provincial tivo un especial protagonismo. Rodríguez Pérez amosase satisfeito do nivel dos participantes nestas Xornadas, especialistas todos neste período histórico.

Os franceses chegaron á cidade de Tui o 3 de febreiro e abandonaron a nosa localidade o 16 de abril, logo de tres meses e medio de ocupación, tempo durante o que os paisanos da bisbarra tudense cercaron á cidade levantándose contra a ocupación napoleónica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: