Cinco grupos participan na Semana do Teatro Afeccionado en Tui

Terá lugar do luns 13 ao venres 17 no Teatro Municipal ás 21h

teatro-afeccionadoOs grupos de teatro afeccionado que hai en Tui van representar as súas obras no Teatro Municipal de Tui nunha iniciativa da Concellería de Cultura, por darlles unha oportunidade de actuar neste espazo.
Esta Semana do Teatro Afeccionado foi presentada polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e un representante de cada un dos cinco grupos que van actuar nesta programación.
Moisés Rodríguez na súa intervención destacou o traballo que se está a realizar dende os centros culturais das parroquias de Tui, aos que dicía, hai que felicitar porque hai moita xente traballando de xeito desinteresado. Explicaba que cando o Teatro Municipal cumpre seis anos dende a súa apertura tiñan un débeda precisamente con estas agrupacións que están a traballar por manter o teatro, subliñando que “a cultura é cousa de todos”.
Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, felicitou á Concellería de Cultura por esta iniciativa valorando positivamente a oportunidade que deste xeito se lle brinda aos centros culturais. Formulou amais o desexo de que o público responda a esta Semana do Teatro tal e coma fai nas representacións que soe haber ao longo do ano.
O representante de cada un dos grupos de teatro que van participar nesta Semana explicaron as orixes da súa agrupación e o argumento da obra que van levar a escena.
O grupo “Chirlomirlo” da Asociación Cultural Xuntanza é o veterano, xa que as súas orixes remóntanse ao ano 1955 cando D. Gerardo creou un grupo de teatro parroquial que no ano 1971 pasou a integrarse na Asociación Xuntanza, e que no 96 recibiría xa o nome actual. Está formado a súa vez por tres grupos de teatro infantil, xuvenil e adulto. A obra que van representar “Unha vez á semana” de Jaime Armiñán ten un argumento romántico cómico onde nada é o que parece.
Dende Areas actuará o grupo “Seixos Albos” creado en 2004 da man de Emilio Estevez e a súa dona, aínda que xa antes na parroquia houbera teatro. Van representar a comedia “A pingueira” da que levan máis de vinte representacións.
Hai 25 anos que se creou o Centro Cultural San Fins de Rebordáns cuxo grupo de teatro vai representar “A taberna sen dono” que plasma coma foi evolucionado o rural galego. Dende este grupo quixeron agradecer ao Concello a oportunidade que lles dan para actuar no Teatro porque “é un estímulo moi grande”.
Mentres hai 17 anos comezou a Asociación Cultural A Insua de Caldelas, que tivo ao pouco un grupo de teatro, que tras un paréntese volveu a actividade hai cinco anos. Van representar “Menciñeiro á forza” que fala dunha vinganza. A representante desta agrupación quixo tamén agradecer ao concello esta oportunidade.
Por último estará presente nesta semana do Teatro Afeccionado o grupo “Atalaia” do Centro Sociocomunitario” de Tui integrado por persoas de 58 a 68 anos. Porán en escena “Tratamento de choque”.
Todas as representación terán lugar a semana próxima, do 13 ao 17, ás 21h no Teatro Municipal. As entradas teñen un prezo único dun euro e poranse á venda ás 20h.

Semana do Teatro Afeccionado

Luns, 13 de abril
Ás 21h O grupo “Mesturanzas” da Asociación “Seixos Albos” de Areas coa obra “A Pingueira”.

Martes, 14 de abril
Ás 21h O grupo de Teatro Caldemiños coa obra “Menciñeiro á forza”

Mércores, 15 de abril
Ás 21h o grupo de Teatro Atalaia representa “Tratamento de choque”.

Xoves, 16 de abril
Ás 21h O grupo de teatro “San Fins” coa obra “A taberna sen dono”.

Venres, 17 de abril
Ás 21h o grupo de teatro “Chirlomirlo” da Asociación Cultural “Xuntanza de Randufe representa “”Unha vez á semana”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: