Presentada a programacion do “Mes dos libros” da Biblioteca Municipal de Tui

No decurso dunha rolda de prensa realizada polo concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, foi presentado o programa de actividades a desenvolver pola Biblioteca Pública Municipal de Tui ao longo dos meses de abril e maio baixo o sugestivo titulo de “Mes do libros”, que se desenvolve en colaboración co programa “Letras Vivas” da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
O programa comeza o 2 de abril, día internacional do libro infantil e xuventil –en lembranza da data de nacemento de Hans Cristian Andersen- cunha actividade dirixida aos activos a cargo de Tusitala contacontos, denominada “Os contos da Vía Láctea”. Este espectáculo será ás 18,00 horas.
Entre os obxectivos que se marca a Concellería para este centro bibliotecario está o incremento de usuarios e especialmente do préstamo de libros.
Para acadar o primeiro obxectivo na programación presentada hoxe abordase por vez primeira actividades para adultos e para mozos. Así o 22 de abril haberá unha sesión de contacontos para adultos a cargo da actriz Charo Pita, titulada “Mulleres de palabra”. En canto aos mozos a principios de maio será creada unha pequena sección de comics na Biblioteca e para lanzar esta sección haberá unha actividade denominada “Obradoiro Express de banda deseñada” a cargo do ilustrador Gochi o vindeiro 8 de maio.
Igualmente seguiras as actividades de animación á lectura dirixidas aos nenos e nenas:
–    23 de abril, día do libro, lectura de capítulos do Quijote por xentes da vida social tudense
–    24 de abril, Ulalume contacontos co espectáculo “O libro dos libros”
–    14 de maio: Pavís Pavós, co seu contacontos “Había unha vez…”
Por outra banda, a Biblioteca prepara para o mes de maio unha exposición que baixo o nome de “Tui escrébese en versos” amosará unha escolma de poemas dedicado a Tui por diversos autores en lengua galega e castelán que iran acompañadas por imaxes da nosa cidade.
En relación ao seguno obxectivo, incrementar o número de prestámos, o Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura, está facendo un esforzo para mellorar e actualizar os fondos bibliográficos. Así no primeiro trimestre de 2009 foron incorprados 580 novos titulos (418 para adultos e 162 para nenos) superando a colección da biblioteca os 27.000 rexistros. E así nestres tres primeiros meses do ano foron emprestados un total de 1.153 libros (563 de adultos e 590 infantís) que resultan escasos para o fondo que posue a Biblioteca Municipal. Sinalou tamén o concelleiro como a Biblioteca ten 904 persoas inscritas no servizo de acceso a Internet, delas 93 inscritas neste primeiro trimestre. Neste sentido lembrou que o catálogo da Biblioteca está accesible en Internet na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rebgalicia.org) e agardamos que axiña a Biblioteca posua súa propia paxina web.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: