Fulano, Mengano e Citano presentan a obra “ARTE” no auditorio de Goián

O sábado 21 de marzo, no Auditorio de Goián a partir das nove e media da noite, a compañía Fulano, Mengano e Citano, levará ao escenario a súa obra “Arte”.

arte

A peza, escrita por Yasmina Reza e estreada en 1994, é unha historia que aborda con sentido do humor o debate sobre a arte contemporánea e as diferentes maneiras de percibir o mundo.
Celso Parada é o director desta comedia, que se xa nun referente do teatro actual e que interpretan Manuel Botana, Xosé Manuel Conde e Manuel Pombal.
A Concellería de Cultura del Concello de Tomiño, dirixida polo centrista Jesús Castiñeira, dedica todo o mes de marzo ao teatro dentro do programa “Marzo Cultural”.
Durante catro semanas consecutivas e dentro da actividade “En marzo ven ao teatro”, o auditorio de Goián recibe a visita de catro compañías galegas. Despois desta actuación, pechará o ciclo, o sábado 28, Prixela Teatro con “O achado do Castro”. Todas as representacións teñen carácter gratuíto e a función de mañá ten a cualificación para maiores de trece anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: