“a túa empresa necesita un impulso”.

A Asociación de Empresarios da Garda – ACIGU CCA- e a Federación de Empresarios do Baixo Miño FEBAM- participaron o luns, día 16 de marzo, nas xornadas organizas por Caixanova, en colaboración co IGAPE baixo o lema “a túa empresa necesita un impulso”.


A presidenta de ambos colectivos, Carmen María García Braga, na súa intervención, que inaugurou o evento, agradeceu a Caixanova, a organización destas xornadas, e presentou os contidos que posteriormente detallarían os representantes da Entidade Financeira e o IGAPE.
Así mesmo destacou a importancia de contar con eventos destas características para as empresas da comarca, xa que as liñas de financiamento resultan claves para sobrelevar a actual situación económica.
Fixo fincapé ademais na importancia de contar coas novas liñas ICO de financiamento sobre a liquidez, que é o instrumento necesario para que as actividades comerciais non se resientan, resaltando que as pequenas e medianas empresas son o motor da economía da comarca polo que necesitan de todo o apoio das institucións e as entidades financeiras.
Por outra banda, instou a Caixanova ó través da liña ICO EMPRENDEDORES, a que, cando se poña en funcionamento, o novo parque Empresarial A Garda-O Rosal, mostre apoio ás novas empresas e aos proxectos que xurdan para este espazo empresarial así como tamén ás empresas xa existentes que necesiten financiar grandes proxectos, e que se poden beneficiar da liña ICO-Crecemento Empresarial.
Outro ingrediente importante da intervención, constou en manifestar a diversidad e riqueza do sector empresarial e comercial do Baixo Miño, e de como, cada un dos sectores pode beneficiarse de cada unha das liñas ICO de financiamento, e que poden resultar un elemento crave para que o sector empresarial da comarca continúe crecendo cuantitativa e cualitativamente.
Neste evento, participaron, por parte de Caixanova, Eladio Rodríguez Álvarez, Director Territorial en Vigo de Caixanova e Carla García Valcarcel, Técnico IGAPE en Vigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: