Miles de persoas ateigaron as rúas de Tui

“Indian Show” de Gondomar gañodores do primeiro premio

“Indian Show” de Gondomar gañadores do primeiro premio

Indian Show” de Gondomar gañou o primeiro premio en comparsas en Tui e Arde Troia de Rebordáns  levouse o primeiro premio en carrozas e Cantos Somos logrou o primeiro premio en acompañamento musical.

Máis de dez mil persoas ateigaron as rúas de Tui para disfrutar do multitudinario desfile de Entroido no que a comparsas de Gondomar “Indian Show” de Mañufe, Gondomar, cunha fantasía sobre a India cun elefante encabezando a comitiva, unha Shiva, e unha carroza do Taj Mahal, cunha ampla coreografía posta en escena por 76 persoas levouse o primeiro premio en comparsas.

O segundo premio en comparsas foi para os 70 integrantes de Revolución Show de Tomiño fixeron un despliegue de corido, coreografía, e sincronización. O terceiro premio correspondeu a “Cantos Somos” de Tui por “Xunta de Cabezudos” cunha parodia das eleccións autonómicas cos tres candidatos representados coma xigantes, e os posibles votantes coma cabezudos, sen faltar a urna do voto emigrante. O cuarto premio foi para “Arde Troia” de Rebordáns e o quinto para “Maldición da perla negra” de Terra de Condes de Redondela.

En carrozas o primeiro premio foi para un logrado “Caballo de Troya” que achegou a comparsas de Rebordáns, de Tui, cunha representación da historia de Troia. O segundo premio en carrozas foi para “Indian Show” polo magnífico Taj Majal da India na súa carroza, mentres que os Macanudos con “Made sin pan” co palacio de Buckingham recibiu o terceiro premio, o barco do Caribe de “Terra de Condes” levouse o cuarto premio e “A crise do medievo” obtivo o quinto premio.

En acompañamento musical a comparsa tudense “Cantos Somos” levouse o primeiro premio un ano máis. O segundo correspondeu a “Pinocho” de Caldelas, de Tui, o terceiro correspondeu a “Os Macanudos” de Gondomar,e  o cuarto foi para “A crise do Medievo”, quedando deserto o quinto premio.

Unha tarde soleada e con temperaturas moi agradables propiciou que centos de persoas ateigasen as rúas por onde transcorreu o desfile. Dende primeira hora Tui comezou a recibir tanto aos participantes nas comparsas participantes coma ao público que quixo elixir mellor lugar no “sambódromo” onde poder disfrutar do concurso de Entroido no que participaron máis de 500 persoas.

O Entroido despídese en Tui o próximo domingo, 1 de marzo, co Enterro do Bacallau. A comitiva fúnebre partirá ás 19.30h da Praza de San Fernando, para dirixirse até o Palco da Música onde se dará lectura ao testamento, e proseguirá até a parte posterior da Área Panorámica onde terá lugar a incineración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: