:: Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior ::
A Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, por medio da Dirección Xeral de Turismo vén de aprobar a declaración das Festas do Monte como “festa de interese turístico”, feito de suma importancia para o pobo da Guarda.
Compre lembrar que sendo unha das festas máis senlleiras do país, esta declaración é unha porta aberta á promoción turística do noso concello e un atractivo máis para que a Guarda aumente as súas visitas na época estival. Así mesmo, a declaración das Festas do Monte como festa de interese turístico é unha posta en valor dunha parte da nosa cultura popular, así como todos os valores que ilo comporta.
Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior.
O BNG quere felicitar ás comisións que ao longo da súa historia organizaron as Festas do Monte e ao conxunto da poboación que co seu bo facer que fixo posíbel que estas festas chegasen a ter a consideración de “festa de interese turístico”.