A OMIX de Tomiño tivo un total de 2.414 consultas durante o ano pasado

As actividades que se ofrecen son gratuítas na súa meirande parte e buscan dar unha alternativa diferente e útil aos mozos e mozas do municipio Tomiño, 20 de febreiro de 2009.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño (OMIX) tivo durante o ano 2008 un total de consultas de 2414, das que 1705 foron realizadas por mulleres e 709 por homes.

Os temas destas consultas son moi variados e de feito, poden clasificarse en varios apartados: convocatorias (bolsas e axudas, programas da Dirección Xeral de Xuventude, cursos, campamentos, etc.), turismo, voluntariado, educación, emprego, lecer e tempo libre, deportes, programas de xuventude, dereitos e deberes (vivenda, consumo, etc.), participación, saúde, sociedade e trámite do carné xove, entre outros.

 A OMIX está dirixida especialmente á poboación comprendida entre os 12 e os 35 anos. E aos cursos e actividades organizadas polo Concello, na súa maioría gratuítas, asistiron un total de 1.078 usuarios/as. A oficina está situada dende o ano 2007 no Campo da Feira, un entorno moi agradable, rodeado dun parque axardinado. O titular da Concellería de Mocidade, o nacionalista Xaquín Villadangos, explica que “o Concello de Tomiño é un concello con moita xente moza, por iso para o goberno local é unha prioridade atender as súas necesidades e ofrecerlles alternativas interesantes e novidosas de ocio e lecer.”

Ademais é para nós unha prioridade fomentar o asociacionismo xuvenil para que mozos e mozas se coñezan coa mocidade da outra beira do Miño; por iso o vindeiro ano repetiremos eventos como o Filminho, feito de xeito transfronteirizo e para favorecer os lazos entre os dous lados da fronteira”. Os obxectivos da OMIX son prestar un servizo permanente de información, asesoramento e documentación aos mozos e mozas do municipio e a aqueles/as doutras localidades que se achegan a Tomiño, sobre temas e asuntos que afectan a súa vida cotiá, e que sirvan aos seus propósitos persoais favorecendo o acceso ás diferentes oportunidades sociais, laborais, de estudo, etc.

Outras actividades: -En colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organizou no mes de setembro a I CONVIVENCIA MUSICAL (no albergue de Gandarío. Bergondo-A Coruña), na que participaron durante tres días 51 mozos e mozas de varias agrupacións musicais do municipio, co fin de acrecentar a súa formación musical e coñecerse mellor entre eles. 

 -En colaboración coa Alcaldía, organizou unha actividade de fomento do uso do galego entre os cativos á que asistiron unhas 750 persoas, e un concurso de contos de Nadal que contou con 35 participantes. -Un ano máis, celebrouse o certame de fotografía VIAXANDO, en colaboración con varias OMIX da zona e Casa de Xuventude de Tui. -Actualmente xa está dispoñible na OMIX o calendario das actividades do 2009 que os mozos e mozas poden solicitar por teléfono/fax (986623304), correo electrónico (omixtominho@yahoo.es), ou persoalmente (Campo da Feira s/n). Algunhas destas actividades son, no mes de febreiro: curso de iniciación á guitarra curso e curso medio de Portugués. En marzo: curso de cociña no restaurante Asensio, curso de monitor de tempo libre, curso de pandeireta. Por outra banda, a OMIX de Tomiño colabora coa dirección do IES para a realización de diferentes actividades co alumnado do centro, como a creación dun espazo de autoconsulta e asesoramento durante dúas mañás á semana; a celebración dun obradoiro de educación afectivo, dunha campaña de adopción de cans, outra de captación de voluntarios/as; xornadas de educación vial, charlas sobre seguridade no uso das novas tecnoloxías, etc.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: