O San Xerome e o club Kaiak Tudense recibirán sendos vehículos da Deputación

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o responsable de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; e o directivo de Citröen, Ricardo Muñoz, comunicáronlles a 40 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro a súa inclusión no plan impulsado por esta institución para adquirir un vehículo para o transporte de persoas.
Segundo anunciou hoxe o presidente, a institución provincial entregaralles vehículos a 12 entidades de Vigo, a 7 de Pontevedra, a 7 da comarca do Morrazo, a 7 das comarcas de Caldas e Arousa; a 4 a asociacións do sur provincial; a 2 de Deza e Tabeirós Terra de Montes; e a unha entidade de ámbito provincial.

Esta primeira fase da iniciativa conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Non obstante, segundo avanzou Louzán en vista da masiva demanda que tivo este plan pioneiro en Galicia con máis de 110 solicitudes recibidas “ampliaremos o creto co obxecto de facilitarlles a adquisición doutros 40 vehículos a outras tantas entidades”.
Ricardo Muñoz manifestou a satisfacción de Citröen de poder contribuír “a resolver a mobilidade de colectivos aportando medios comerciais importantes”. Así mesmo comentou que con esta iniciativa a empresa citröen tamén alcanza uns novos obxectivos “que é moi importante nun momento no que o mercado está pasando dificultades.
Finalmente, Julio Fernández Gayoso cualificou á Deputación e a Citröen como “aliados estratéxicos”. Por unha banda, recordou que mantén colaboracións coa institución provincial en iniciativas relevantes como a Escola de Canteiros ou o Plan Cultural, entre outras; e , por outro lado, recordou que un importante número de traballadores de Citröen formáronse no centro de formación que ten a caixa en Vigo.

Finalmente, o presidente de Caixanova destacou a labor “impagable” que desenvolven os colectivos sociais da provincia e, neste senso, considerou que “sería moi difícil substituílos, incluso a través de iniciativas públicas”.
Cada beneficiario aforrará 1.000 euros
O custe dos vehículos ía ser financiado inicialmente nun 75% polas tres entidades patrocinadoras deste plan (Deputación de Pontevedra, Citroën e Caixanova) aportando un 25% cada una. O 25% restante correría a cargo da entidade beneficiaria. Non obstante, segundo anunciou hoxe Louzán “a empresa Citröen acordou elevar a súa aportación ata un 30,7% o que permitirá un aforro de máis de 1.000 euros a cada institución”.
Con esta medida, pioneira en Galicia a Deputación pretende desenvolver políticas sociais que solucionen problemas. De feito, “con este plan contribuiremos a transportar, nun primeiro momento, a máis de 500 personas (40 coches cunha media de 9 personas) en cada ocasión”, afirmou Louzán.

Os 40 coches teñen prazas que oscilan das 6 ás 17 e van destinados a cubrir necesidades de asociacións sin ánimo de lucro, colectivos asistenciais e clubes deportivos da provincia.
Así mesmo, ademais de mellorar as condicións destes colectivos, este plan busca tamén contribuír á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica. As entidades beneficiarias son as seguintes:

Cidade de Vigo: 12 beneficiarios

Aspanaex, Asociación de Familias de persoas con parálises cerebral, Asociación de enfermos de Alzheimer, Hogar y Clínica San Rafael, Asociación de Dano Cerebral, Asociación de Loita contra a Droga Alborada, Asociación Galega San Francisco, APACAF, Fundación Igual Arte, Asociación de Familiares con enfermos mentais, Asociación Autismo de Vigo, Club de remo de Coruxo.

Comarca de Pontevedra: 10 beneficiarios

Cidade de Pontevedra: Asociación de familias de enfermos de Alzheimer, Asociación Alba, Asociación Amizade, Asociación de discapacit ados psíquicos Virxen da O, Asociación Amencer, Club Natación Galaico, Escola de Piragüismo de Pontevedra.

Comarca: Asociación Amizade de Barro O Concello de A Lama e o Club Escola de Piragüismo de Poio.

Morrazo: 7 beneficiarios

Tres de Cangas: Asociación de Caridade Santiago Apóstolo, Club Balonmán Cangas, Club de remo Vila de Cangas. Dúas de Moaña: Sociedade Deportiva Samertolameu e Sociedade Deportiva Tirán. Tamén a Asociación Párkinson de Bueu e o Club de remo ría de Marín.

Comarca de Arousa e Caldas: 4 beneficiarios

Dúas de Vilagarcía: AFASAL e Club de remo Vilaxoán. O Concello de Ribadumia e Club Naútico O Muíño e a Casa de Familia Laura Vicuña de Caldas.

Baixo Miño:

Dous beneficiarios de Tui: Club San Xerónimo Emiliani e Club Kayak Tudense

Deza, Tabeirós e Montes:

Dous beneficiarios (concellos de Forcarei e Cerdedo)

Condado e Louriña:

Dous beneficiarios, o Club Ciclista Spol de Porriño e Club Ciclista Ponteareas.

Finalmente, a Deputación facilitaralle un vehículo á Asociación de ámbito provincial Cogami, con sede central en Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: