O pavillón do Rosal terá un novo ximnasio

A Deputación Provincial de Pontevedra asinará un convenio de colaboración co Concello de O Rosal que posibilitará a instalación dun sistema para a eliminación de humidades e condensacións no pavillón de deporte e a ampliación do mesmo para a creación dun ximnasio. Este acordo foi aprobado pola Xunta de Goberno celebrada onte.

O investimento necesario para acometer esta actuación ascenderá a 130.674 euros dos cales 56.989,11 euros serán destinados á instalación do sistema para eliminar as humidades e os 73.685 euros para a construción do ximnasio.

O custe da actuación será financiado pola Deputación que achegará 98.005,65 euros e polo Concello de O Rosal que aportará os restantes 32.668,56 euros.

A administración provincial asumirá a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Pola súa banda, o Concello deberá poñer a disposición os terreos necesarios para poder levar a cabo a actuación, así como  de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións que fosen precisas.

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: