Tomiño investirá seis millóns dos Fondos de Inversión Local do Estado na rede de saneamento

:: Os investimentos seguen as pautas do Plan Director na materia que recomenda separar as augas pluviais e evitar a saturación da depuradora en épocas de chuvia ::

O Concello de Tomiño realizará un investimento cércano aos seis millóns de euros durante o ano 2009, que se adicará, principalmente, a actuacións de mellora e extensión da rede de saneamento, sendo unha das accións máis significativas á renovación da rede de recollida de augas pluviais no núcleo da parroquia de Goián, co fin de rematar coa situación actual de saturación da depuradora en épocas de choivas. Xunto con esta actuación, contémplase a extensión da rede de saneamento dentro do casco urbano de Tomiño e outras parroquias.

Consciente de que o saneamento constitúe unha das prioridades dos veciños e veciñas de Tomiño, o goberno local fixo un esforzo de xestión e planeamento durante o ano e medio de lexislatura que verá os seus froitos no 2009.

As obras solicitadas con cargo ao Fondo de Inversión Local do Estado, significarán a vertebración do saneamento do municipio, e seguirán en todo caso, as directrices do Plan Director de Saneamento, que marca como prioridade mellorar a rede e separar as augas pluviais. Nesta actuación investirase 1.700.000 euros.

Por outra banda, para á mellora e extensión da rede de saneamento, que supón conectar as parroquias máis próximas a depuradora e ao colector xeral, se destinarán 1.500.000 euros máis, froito do acordo entre o BNG e o PSOE para apoiar aos Orzamentos Xerais do Estado.

O goberno local xestionou tamén recursos europeos, con cargo o Programa de Cooperación do Fondo de Desenvolvemento Rexional, para estender os colectores secundarios polo río Cereixo ata o Val de Tebra (Santa Mª, San Salvador e Vilameán), e mellorar a zona do Lago da Pedra e a ribeira do Miño.
 
Por outra parte, licitaranse as obras do último treito  do colector ata Torrón por importe de 1.200.000 euros.

 

Ademais destas obras fundamentais para o municipio, o Concello investirá parte do diñeiro dos fondos estatais en rehabilitar os edificios das casas dos mestres de Forcadela e Amorín, como centros sociais e culturais (90.000 euros cada un), acometendo asemade a urbanización do entorno da igrexa de San Salvador de Tebra, o entorno do Centro de Saúde e Centro de Día e a mellora e acondicionamento do Campo do Eido, en Hospital.

Finalmente, entre os proxectos que o goberno ten intención de acometer o longo do ano, con cargo a distintas subvencións e achegas, está o arranxo da estrada interior de Sobrada (dende a PO-552 ata a PO-350); e a mellora do entorno da igrexa de Barrantes.

Segundo os portavoces dos tres grupos no goberno (BNG, CdT e PSdeGA-PSOE) “todas estas actuacións supoñen a mostra do compromiso do Tripartito de Tomiño co saneamento e os investimentos nas parroquias, igualando o investimento previsto aos orzamentos ordinarios do Concello”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: