O BNG denuncia o sistema de limpeza do peirao da Pasaxe na Guarda

a-guarda_pasaxe-limpeza

:: “O BNG puxo en coñecemento do ente Portos de Galiza para que se tomen as medidas oportunas” ::

O pasado día 14 de xaneiro apareceron no lugar da Pasaxe en Camposancos serie de manchas de cor branco no peirao que utilizan os pescadores do río Miño.

Estas manchas son o resultado da posíbel limpeza realizada por unha empresa privada da rampla de aceso ao río utilizando unha serie de substancias, que cheiraban a lixivia ou amoníaco. O resultado final é que todas as algas que había na rampla tiñan unha cor amarelenta provocada pola substancias utilizadas para limpar o sitio. Parece ser que esta práctica é algo habitual.

Hai que lembrar que esta parte do río Miño está incluída dentro da Rede Natura, ademais unha fonte de recursos pesqueiros na zona, polo cal non se entende que se utilicen productos químicos para limpar un peirao dado que estas substancias acabaran irremediablemente na auga coa conseguinte contaminación.

O BNG puxo en coñecemento do ente Portos de Galiza dependente da Consellería de Política Territorial, a Concellería de Pesca e a Consellería de Medio Ambiente para que se tomen as medidas oportunas, solicitando en calquera caso a realización dun proceso de investigación que determine con claridade a procedencia e composición da vertedura, o seu impacto ambiental e produtivo e, en consecuencia, se adopten as actuacións precisas, coa correspondente depuración de responsabilidades, a fin de que accións como a denunciada, ou de natureza similar, non se volvan reproducir no futuro nun ecosistema tan sensíbel como o do Río Miño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: