Desde a Federación de Empresarios do Baixo Miño- FEBAM- e desde a Asociación de Empresarios da Guarda- ACIGU CCA- informan que con motivo da próxima edición de FITUR 2009, na que ACIGU CCA estará presente no posto de Padroado de Turismo Rías Baixas, están realizando o labor de recoller publicidade e información dos nosos asociados do sector hostalerías para TURGALICIA para a súa exposición e divulgación na maior feira de turismo do mundo, FITUR 2009. É esta unha gran oportunidade para dar a coñecer o noso sector hostaleiro, dado o carácter internacional do devandito evento.