A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño informa que o vindeiro sábado, 24 de xaneiro, ás 18:30h. contarán na Casa da Cultura coa actuación da compañía A loca motora, que nos presentará “Carlota e Marieta van en avioneta”. Este acto pertence á programación do Xaneiro Cultural que organiza esta Concellería.