FEBAM asina un convenio cunha consultora

A Federación de Empresarios do Baixo Miño informa da posta en marcha dun novo servizo a disposición dos asociados que nace froito dun novo convenio de colaboración asinado pola Federación de Empresarios do Baixo Miño coa sinatura FONTAN & PASTORIZA Consultores

O pasado día 9 de Xaneiro fíxose efectiva a posta en marcha deste convenio, na nosa sede da Rúa Martínez Padín, 11 de Tui tras unha reunión entre Carmen María García Braga, en calidade de Presidenta de FEBAM e representantes da sinatura Fontán & Pastoriza.

Con este novo servizo de Consultoría Financeira, preténdese dar un impulso ao noso comercio e industria, xa que a través deste novo convenio os nosos asociados poderán contratar unha análise económico-financeiro das súas empresas e comercios e así poder coñecer mellor os seus negocios e observar en que medida poden ser máis competentes e obter mellores beneficios do mercado, todo iso con prezos especiais para os nosos asociados.

A partir do día 12 de Xaneiro empezarán as visitas aos nosos asociados para presentar este novo servizo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: