O alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, non quere no seu equipo de goberno a xente na que non confía. É por iso que onte destituía dos seus cargos como delegados aos concelleiros José Prada e María Xosé Rosada, os dous membros do seu equipo que mantiveron conversas coa oposición para fraguar un pacto ás costas do alcalde.
Segundo Rocha, non recibiu explicacións de ningún dos dous concelleiros, polo que perderon a súa confianza. Por elo el mesmo asumiu as áreas de Urbanismo, Parques e Xardín, Piscina, Medio Ambiente, Mercado e Praza de Abastos.