A Asociación de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde Érguete Baixo Miño comezará co curso de “DESHABITUACIÓN TABÁQUICA”, sendo a presentación desta actividade o día 3 de Febreiro de 2009 ás 17:30 horas nas instalacións da Asociación en A Guarda.
A data de comezo será o Martes, 17 de Febreiro e dito curso terá unha duración de 7 sesións (sete martes consecutivos a partir da data de comezo) de hora e media aproximadamente cada unha.
Este curso está dirixido a todas as persoas que desexen deixar de fumar de forma voluntaria e é impartido por unha psicóloga da A.E.C.C. Ademáis é gratuíto e as inscripcións están abertas DURANTE TODO O ANO.