O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile Concurso de Entroido 2009 que se celebrará o día 24 de febreiro. O prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido 2009, será entre os días 2 de febreiro ata o 17 de febreiro, ambos inclusive, en horario de oficina, de 9:00h a 14:00h, excepto sábados que o horario será entre as 10:00h ata as 13:00h. A saída do desfile será ás 17:00 horas dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”) e rematará na Alameda. Haberá premios de ata 500 euros.
Requisitos para participar no concurso:
-Presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello no prazo establecido. (en impreso facilitado polo Concello)
-No transcurso do desfile o concursante deberá colocar o numero que se entregará ó rexistrar a solicitude de maneira visible para que o xurado poida tomar nota.
-Estar puntualmente no lugar indicado para a saída do desfile ás 16:30 horas.
-As persoas que non presenten solicitude a través do Rexistro Xeral tamén poden participar no desfile pero non teñen opción á premio.
Xunto coa solicitude farase entrega da seguinte documentación:
-Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
-Menores de idade: Fotocopia do DNI da persoa que os represente e fotocopia da folla do libro de familia correspondente.
-En caso de grupos, carrozas e comparsas só DNI da persoa representante.
-Os menores de idade deberán acompañar autorización para participar no concurso.
No caso dos grupos, comparsas e carrozas, indicarase o número de participantes
As modalidades que poderán entrar en concurso son:
-Carrozas: Considéranse carrozas un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor…) o conductor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.
-Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
-Grupos: Estarán formados por 3 ou mais persoas, ata un maximo de 9.
-Individual: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, as parellas que desexen participar.
Na modalidade Individual haberá dúas categorías:
Infantil, ata 12 anos
xuvenil-adulto, a partir de 13 anos.
No caso de parellas, cando un só dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría xuvenil-adulto.
Cualificación:
1- A cualificación, en cada unha das modalidades e categorías, será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente, (O Concelleiro de Cultura ou persoa na que delegue), e tres vogais en representación de entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellería de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.
2- Unha vez feita a avaliación polo Xurado o secretario fará público o resultado mediante a lectura da acta correspondente.
3- O Xurado poderá determinar a concesión de accésits, se así o considera oportuno.
4- O Xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
5- O Xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos como carrozas cumpren as condicións para ser consideradas como tales.
6- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
PREMIOS
A) COMPARSAS:
1º PREMIO…………………500 €
2º PREMIO…………………400 €
3º PREMIO…………………250 €
4º PREMIO…………………150 €
ACCESIT……………….100 €
B) CARROZAS:
1º PREMIO…………………500 €
2º PREMIO…………………400 €
3º PREMIO…………………250 €
4º PREMIO…………………150 €
ACCESIT………………..100 €
C) GRUPOS:
1º PREMIO…………………200 €
2º PREMIO…………………..100 €
3º PREMIO………………….. 80 €
4º PREMIO………………….. 60 €
ACCESIT………………….50 €
D) INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTO:
1º PREMIO…………………100 €
2º PREMIO…………………..80 €
3º PREMIO…………………..60 €
4º PREMIO…………………..40 €
ACCESIT…………………30 €
E) INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO…………………100 €
2º PREMIO…………………..80 €
3º PREMIO…………………..60 €
4º PREMIO…………………..40 €
ACCESIT…………………30 €