Tomiño continúa coa súa política de aforro enerxético

tomino_semaforos

:: A Concellería de Seguridade levou a cabo a reparación da rede semafórica cunha subvención do IDAE ::

A Concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte do Concello de Tomiño, que dirixe a socialista Julia Cascón, ven de substituír as luces dos semáforos do termo municipal por lámpadas de LED, que permitirán aforrar un 80% do consumo enerxético actual.

A medida, que se levou a cabo con cargo a unha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía), dependente do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, facilitará a conducción, tanto de día como de noite, grazas á maior visibilidade e calidade deste tipo de luces.

O LED é un dispositivo moi duradeiro en comparación con outras fontes luminosas, coma a lámpada incandescente, ademais de presentar un formato moito máis sólido e compacto. O seu principio de funcionamento faino moito máis eficiente na conversión de potencia eléctrica a potencia luminosa.

A concelleira delegada da área, Julia Cascón, indicou que con esta medida “continúase na liña de traballo desta concellería que, dende o ano 2007, contratou unha empresa para o mantemento e reparación integral da rede semafórica do concello”. A edil salientou que outra das vantaxes do novo sistema, é que permite facer as reparacións necesarias en menos de 24 horas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: