Ás 19:30 horas da tarde do Luns día 12 de Xaneiro, fíxose entrega dos vales correspondentes ós sorteos de estancias de fíns de semana en Casas Rurais que a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ en colaboración ca Asociación de Turismo Rural AGARIMO sorteou nos establecementos asociados adheridos a esta Campaña. Agora tódolos agraciados poderán elexir a Casa Rural á cal van visitar e pasar unha fín de semana, xestionando as súas reservas a través do Centro de Coordinación e Promoción da Asociación AGARIMO, entre máis de 40 casas repartidas entre as comarcas de A Paradanta, O Baixo Miño, O Condado, O Salnés, O Morrazo, Pontevedra e Vigo. O Sorteo, no cal o número premiado coincidíu ca terminación do Sorteo da Lotería del Niño, levouse a cabo directamente nos propios establecementos asignando un ou varios números a cada cliente en relación cas compras realizadas nos mesmos.