O actual concelleiro de Urbanismo, o popular José Prada Álvarez, está hoxe no candeleiro político, logo de que declarase ao xornal Faro de Vigo que existían negociacións con outros partidos de dereitas da localidade para desbancar ao actual alcalde de Tui, Fernández Rocha. Nembargantes a primeira hora desta mañá Prada desligouse destas declaracións na emisora tudense asegurando que “o titular da noticia non é exacto”. O edil recoñece que hai “diferencias internas”, pero non existe a intención de desbancar ao alcalde. Si hai necesidade, para Prada, dun goberno en maioría para Tui.
Tarde piaches… despois de ser expulsado hoxe a ver se di o mesmo, jeje