Tomiño aproba un orzamento de 6,9 millóns de euros para 2009

tomino_-orzamentos-2008

:: As contas increméntanse nun 13,5% con respecto ao exercicio anterior ::

O Concello de Tomiño aprobou en sesión plenaria o pasado martes 30 de decembro, o Orzamento municipal para o exercicio 2009. Desde o goberno local valórase positivamente que os orzamentos do goberno tripartito de Tomiño sexan aprobados en tempo e forma para entrar en vigor o ano que vén, e que van ser unha ferramenta para consolidar o traballo feito durante este ano e medio.
O concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, resaltou neste senso, que “os orzamentos do ano 2009 van aumentar un 13,5% con respecto ao ano pasado, debido á boa xestión do goberno municipal para conquerir investimentos importantes para Tomiño como o obradoiro de emprego Unión del Porvenir, a humanización da Praza da Mina, ou a reforma da Casa Consitorial”.
O orzamento municipal para o ano 2009 ascende á cantidade de 6.900.000 €, da cal se adicarán 1.147.697,21 € a investimentos reais. “O goberno municipal non obvia a situación de crise na que vivimos, e nese sentido, preveu unha baixada á metade dos ingresos por actividade urbanística. Ademais, aposta por unha política de austeridade conxelando as retribucións dos membros do goberno municipal, así como a asignación a grupos por asistencia aos plenos e comisións e os gastos de protocolo”, remarcou o responsable de Facenda.
As inversións máis destacábeis son o Obradoiro de Emprego “Unión del Porvenir” que restaurará a escola situada entre Taborda e Piñeiro, que conta cunha asignación de 661.374 €, e a segunda fase da Humanización da Praza da Mina, valorada en 310.606,01 €. Coa colaboración de subvencións da Xunta de Galiza, tamén se contemplan 181.001,94 € para a reforma interior da Casa Consistorial, 49.992,86 para o proxecto de dixitalización da xestión de expedientes, e 24.229 € para o acondicionamento dos pavillóns de Goián e Santa María de Tebra. Outras inversións de interese son diversos equipamentos e instalacións culturais, o acondicionamento de instalacións deportivas; o plan de abastecemento nas parroquias, e a estación reemisora de TDT de Vilameán.
Ademais, o orzamento vaise ver complementado con importantes cantidades para saneamento que se conseguiron en diversas administracións: autonómica, do Estado, e mesmo europea das que se dará máis información polo miúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: