Tomiño abre o prazo de inscrición da XII Edición do Venres de Foliada

:: O tradicional desfile de Entroido terá lugar o día 20 de febreiro ás 22 horas ::

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal declara aberto o prazo de inscrición para a XII Edición do “Venres de Foliada”, a partir de hoxe, luns 12 de xaneiro de 2009, e ata o día 2 de febreiro.

As bases pola que se rexerá o concurso de Entroido son as seguintes:

1.O desfile terá lugar o venres 20 de febreiro de 2009 ás 22:00 horas.

2.En caso de choiva, o desfile realizarase o venres seguinte.

3.As comparsas deben estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes.

4.Para inscribirse, as comparsas deberán pasar pola oficina do  Departamento de Cultura (rúa Colón s/n), ou chamar ao teléfono 986 622 988.

5.O número máximo de comparsas inscritas será de 30.

6.Daráselle preferencia de inscrición ás comparsas do concello de Tomiño.

7.As comparsas con cabalos non serán admitidas.

8.A compensación económica para as comparsas será a seguinte:

Comparsas cun mínimo de 15 compoñentes e sen carroza: 150,00 €.

Comparsas cun mínimo  de 15 compoñentes e con carroza: 250,00 €.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: