O concello da Guarda pide á Xunta que realice as vivendas protexidas no 2009

:: O alcalde remitiu un escrito ao Intituto Galego de Vivenda e Solo solicitando a ampliación do periodo de exposición pública do Plan Sectorial ::

O Plan Sectorial de Vivenda proxecta na Guarda a construcción de 270 vivendas entre  o 2014 e o 2018. Unha data que o alcalde da localidade, Xosé Manuel Freitas, considera demasiado lonxana, tendo en conta que no municipio non se constrúe vivenda protexida dende o ano 89 e existe unha importante demanda. Por este m otivo, o concello pediu á consellería de Vivenda, que A Guarda figure no primeiro quinquenio de obras proxectadas, entre o 2009 e o 2013, e así o van solicitar tamén nas súas alegacións.

Pedirán tamén que se amplíe o prazo para alegar, xa que o concello, como moitos veciños, enterouse tarde do período de exposición pública que remataba o25 de decembro.

Ademais Freitas sae ao paso dunha certa polémica, fomentada, segundo  o rexidor, por “informacións falsas feitas por responsables políticos que falsearon a realidade” en referencia ao pago do chan a expropiar. Dende o concello aclárase que o pago da expropiación é de 66 euros metro cadrado, cuantía á que se debe sumar os 7 euros metro cadrado que se pagará como indemnización por elementos singulares que poida haber no terreo, como unha árbore, un canastro ou unha casa. A estre respecto, Freitas apunta que colindando con estes terreos o concello está a pagar 21 euros metro cadrado.

Tamén xenera controversia o emprazamento das vivendas: Os Bechos-A Sangriña, na parroquia de Salcidos, pero din dende o concello que o consideran “unha boa elección, ao ser a medio camiño entre A Guarda e Salcidos”. “Non vale dicir só que non, a non ser que ese non signifique que non quere vivenda de protección”, sinala o alcalde, lembrando que os que no futuro van vivir nesas vivendas son os mozos e mozas da Guarda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: