CdT asegura que en Tomiño non se dan as circunstancias para presentar unha moción

:: O presidente da agrupación sae ao paso dos rumores, logo de que xa fosen desmentidos polos tres partidos que conforman o goberno tomiñés ::

Xa os tres grupos do goberno local de Tomiño se retractaron, nada máis saír a nova nun medio de comunicación autonómico, dos rumores dunha moción de censura entre populares e centristas. Pero, por se cabía algunha dúbida tamén o Presidente de Centristas de Tomiño (CdT), José Carlos Vila, asíu ao paso da nova, asegurando que, actualmente, non se dan as circunstancias para apoiar unha moción de censura, xa que o Pacto de Goberno se está cumprindo “cun relativo nivel de satisfacción, aínda que agradece a confianza que o PP deposita no grupo independente en xeral e na súa voceira Jesús Castiñeira de forma particular”.

Vila afirma que o Grupo Municipal de CdT, con Castiñeira á fronte, está cumprindo satisfactoriamente a comisión que os votantes e os estatutos da formación política asignáronlle e soamente é a Asemblea Xeral quen debe decidir sobre a procedencia ou non dunha moción e de momento, e ata a data, non se incorporou esta cuestión á orde do día.

“CdT –di- é un partido cunha alta democracia interna e que se centra nos xuros de Tomiño, sen actuar por outras consideracións, outro grupo é posible que aceptase unha oferta como a realizada desde o Partido Popular pero nós cremos no que facemos e afortunadamente contamos cun grupo de persoas unidas e coherentes. Os acordos están para cumprilos, incluso en política, aínda que en ocasións pareza que non. Desde CdT tendemos a man ao diálogo co Partido Popular en aras a un mellor entendemento e a unha maior modernización do noso municipio, pero sempre co límite do respecto aos pactos asinados e acordos adoptados con outros grupos, entidades ou institucións”.

“O Polígono Industrial (15 millóns de euros); Construción do colector xeral para saneamento ata Sobrada 1.100.000 euros; aprobación do proxecto de saneamento para as tres parroquias de Tebra –Fondos Feder: perto de dous millóns de Euros-; saneamento no núcleo urbano de Goián (1.300.000 euros); saneamento en Barrios de Tomiño, Forcadela e Carregal (1.500.000 euros); construción de beirarrúas-beiravía en San Salvador e Santa María de Tebra; beirarrúas ata o empalme (Cotro e Custa); circunvalación a Vilachán do Monte; piscina e ximnasio municipal (3.000.000 euros); Centro de Día (máis de 1.000.000 euros); Urbanización do espazo entre o Centro de Día e o Novo Centro de Saúde (200.000 euros); execución do proxecto do Torreiro de Hospital (190.000 euros); acondicionamento do Torreiro de San Salvador de Tebra (60.000 euros); Subvención ao Cemiterio de Barrantes (120.000 euros); Recuperación da Contorna da Igrexa de Barrantes (176.000 euros); recuperación das vivendas de Forcadela e Amorín para uso veciñal; Humanización da Praza da Mina (700.000 euros); Acondicionamento da Estrada de Sobrada entre a PO-552 e a PO-350; Mellora e acondicionamento de camiños na área de Concentración Parcelaria; Recuperación das Fortalezas de Estás e Goián; Rehabilitación para uso Veciñal da Unión do Porvir e escola taller con 25 persoas (500.000 euros); axilización da construción da autovía Tui-A Guarda; construción do carreiro polo Río Miño; Plan Sectorial de Vivenda para a construción de vivendas protexidas nos núcleos de Goián e Tomiño, incluíndo urbanización e equipamentos … todos eles son proxectos cuxo inicio ou finalización áchase comprometido no 2009 e que supoñerían unha marca de investimento en Tomiño nunca antes superado, o que confirmaría o cumprimento do Pacto citado no capítulo de grandes obras e investimentos. Isto supoñerá tamén –a xuízo de Centristas- un importante revulsivo para a reactivación da economía e das empresas da Comarca, xa que desde CdT insístese na necesidade de que as empresas da área e do municipio teñan preferencia na adxudicación de obras públicas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: