A Cabalgata de Reis sairá ás 18h do luns 5 dende a antiga alfándega até a Corredoira

reis-magos

:: Melchor, Gapar e Baltasar irán acompañados dunha ampla comitiva ::

Venres, 2 de xaneiro de 2009. Todo está listo  para a Cabalgata de Reis que o próximo luns, 5 de xaneiro, ás 18.00h, percorrerá as principais rúas de Tui dende o recinto da antiga alfándega até o Paseo da Corredoiroa. Os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán a cabalo acompañados de sete carrozas e dos seus paxes xunto cunha ampla comitiva integrada por máis de 120 persoas.

No seu percorrido pola Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, e Augusto González Besada e Paseo da Corredoira os Reis de Oriente repartirán máis de 1.200 quilos de caramelos sen glutén, así coma un millar de globos. Irán escoltados pola Policía Local e participarán tamén os Bombeiros Voluntarios de Valença, unha ambulancia, e Protección Civil. A nota musical correrá a cargo da Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro.

Ao final do percorrido, no Cantón de Diómedes, onde se instalará o Portal de Belén, darase lectura á Mensaxe Real, mentres Melchor, Gaspar e Baltasar faran a súa ofrenda ao neno de Ouro, Incenso e Mirra.

Unha vez rematada a ofrenda os nenos poderán subir a saudar aos Reis Magos

A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Peña Cabalar “Val do Louro” de Ribadelouro, o grupo scouts “Alhoia”, URE Baixo Miño, Ambulancias “Baixo Miño”, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, os diferentes departamentos do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais de “Aloia” de Pazos de Reis, “Xuntanza” de Randufe, da Asociación de Veciños de Guillarei e da Asociación Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro. Tamén é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade.

Un ano máis a Concellería de Cultura agarda que miles de persoas ateiguen as rúas tudenses para presenciar  a Cabalgata de Reis.

Previamente a súa presencia na Cabalgata de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán pola mañá ás Residencias “Paz e Ben”, e “San Telmo”, para entregar tamén aos maiores que nelas viven os seus agasallos. Irán acompañados pola Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: