Trescientas persoas déronse cita no primeiro Festival de Nadal de Tomiño, organizado pola Escola Comarcal de Teatro e a Asociación Terras do Baixo Miño.
O festival tivo lugar o sábado 27 no Multiusos de Barrantes enfocado especialmente para os nenos no que contaron co show de maxia de Valeria Barita, ao Pallaso Pinico, o baile de Nuria Gómez e a cantante Susi Vieitez. Ao acabar as actuacións sorteáronse numerosos agasallos entre os que salientamos unha bicicleta, patíns, balóns e lotes de libros.