Os gañadores do concurso de beléns do Rosal recibiron os seus galardóns

o-rosal_premios-belens-7

O sábado 20 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios ás gañadoras do II Concurso de Beléns organizado pola Concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo.

O belén gañador na categoría infantil-xuvenil foi o presentado polas irmás Sara e Alba Rodríguez Videira, de Martín. Na categoría adulto o belén vencedor foi o de Lucía Diego Martínez, de Fornelos.

As gañadoras recibiron os premios estipulados nas bases que consistiron nun lote de libros para a categoría infantil-xuvenil e dun vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a categoría adulto.

Ao acto desta entrega de premios asistiu a propia concelleira de cultura, Charo Tabales Perozo, a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano e o técnico de turismo municipal Juan Ramón M. Barbosa.

Todos os beléns participantes no Concurso -incluídos os gañadores- estarán expostos no Centro Social Polivalente ata o martes 6 de xaneiro de 2009.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: