Abaco presenta un nadal cargado de actividades, premios e servizos

A campaña de Nadal que a Asociación de Comerciantes “ábaco” diseñou para este ano, ven de arrancar a pasado 5 de decembro coa posta en marcha de dúas das moitas iniciativas que ésta asociación ten preparado para estas datas.

Estas dúas propostas totalmente novidosas que xa están na rúa con gran aceptación veñen sendo a publicación do segundo número do xornal “O Ofertómetro” con ofertas moi puntuais cara este nadal e os sorteos de máis de 60 estancias de fin de semana en casas rurais da Asociación “Agarimo” entre os clientes de negocios asociados a “ábaco”.

Estas dúas iniciativas xunto coa apertura ó próximo día 22 do parking coa primeira hora do estacionamento gratuita situado en pleno centro da vila (Patio do colexio P.P. Somascos) en colaboración con este colexio e o Clube de Remo “Robaleira”.

Ábaco quere facilitar e potenciar as tan agardadas compras de nadal e para garantir que os nosos clientes sintan de primeira man este ambiente navideño, a asociación porá nas rúas máis comerciais da vila, unha charanga que faerá bailar e cantar a máis de un.

Por outra banda e coa finalidade de evitar a marcha de clientes a facer as compras a outras vilas, ábaco ten programadas diferentes actividades de lecer para nenos e maiores que van dende o tan exitoso concurso de postais de nadal que se lle poderán entregar en man o mismísimo Papá Noel os días 22 e 23 nas galerías da praza nova, todo isto misturado con obradoiros de maquillaxe, pintura, maxia e globoflexia, xunto con música e moitos agasallos para todos faran as delicias de nenos e maiores nestes días previos o nadal.
Para os días anteriores ó fin de ano, ábaco volve a traer coma o ano pasado o tan agardado “trenciño comercial” para todos os clientes que visiten os negocios desta asociación, e como non podía ser deste xeito “ábaco” tamén está en contacto directo coas súas maxestades os reis magos para facerlles chegar as cartas que podedes solicitar en calquera establecemento da asociación, coa que se sortea unha bicicleta entre todas as cartas recibidas, ademáis ábaco vai participar na cabalgata de reis na nosa vila con zancudos, coches antigos, quads e toneladas e toneladas de caramelos.

Cabe sinalar que todas estas actividades con excepción das fins de semana nas casas rurais son de custe 0 ? para os asociados.

Por último dende ábaco queremos convidalos a participar con nós en todas estas actividades e outras máis que terán lugar na Guarda durante estas festas, e como non aconsellalos a que fagan as súas compras na nosa vila porque iso reflicte directamente na economía do pobo e no benestar xeral.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: